E-distrito

Alliance Française A Coruña

Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@afcoruna.com

.

  Alliance Française.

  A longa experiencia pedagóxica do noso equipo de profesores permitiunos desenvolver unha metodoloxía avalada pola satisfacción e logros dos nosos alumnos. Os cursos e niveis seguen uns obxectivos de formación marcados polo MCER (Marco Común Europeo de Referencia).

  Nas clases damos tanta importancia aos aspectos lingüísticos e gramaticais como pragmáticos e culturais. O libro, os xogos, a prensa, a televisión, o cine ou a arte son soportes pedagóxicos que utilizamos nas nosas aulas. Ademais ofrecemos unha mediateca en constante actualización a disposición dos nosos socios para que os alumnos poidan mergullarse aínda máis na cultura francesa.

  Contemplamos diferentes niveis de formación, adaptados tanto para adultos como para nenos. Para ubicar ao alumno no grupo axeitado, realizámoslle unha pequena proba de nivel inicial.

  Preparamos aos alumnos para a obtención dos diplomas DELF/DALF do Ministerio de Educación Nacional de Francia. Os nosos profesores contan cunha ampla experiencia na corrección de estos exámenes. Para completar a formación do alumno organizamos viaxes lingüísticas.

  O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) e o DALF (Diplôme Approfondi de Langue Française) son os diplomas oficiais entregados polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifican as competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

  Os diplomas DELF tamén existen en versión adaptada a adolescentes (DELF JUNIOR) e a nenos de primaria (DELF PRIM). Descobre os cursos que ofrece a Alianza para adolescentes e para nenos.

  https://afcoruna.com

Enderezo

  • Rúa Real 26, 1º
  • 15003 A Coruña
  • Teléfono: 981 22 23 56
  • Web: www.afcoruna.com
  • E-mail: info@afcoruna.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 09:30 a 20:30 h

Sábados de 09:00 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados