E-distrito

El Arca clínica veterinaria

Tipo de Establecimento: Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro... » Animais, veterinaria. Flores e xardín.

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: elarca.hospitalveterinario@gmail.com

.

  Desde 1997, Clínica Veterinaria El Arca ven ofrecendo un servizo da máxima calidade para as nosas mascotas.

  A Clínica Veterinaria El Arca nace en xaneiro de 1997 na Coruña, ubicada na zona de Catro Camiños, moi preto da Praza da Palloza. Os comenzos do noso centro veterinario foron humildes pero sempre cunha misión, dar o mellor para os nosos clientes, dende asesoramento, diagnóstico e tratamento dos problemas e necesidades que teñen as nosas mascotas.

  No ano 2008 levóuse adiante unha importante remodelación das nosas instalacións que repercutiu nunha mellora dos nosos servizos, dándolle máis importancia á tenda para as mascotas (roupa, accesorios, alimentación, etc.) e a perrucaría, tanto canina como felina, facendo a estancia do cliente máis confortable. 

  O equipo actual está integrado por 4 veterinarios, 2 auxiliares e 3 perruqueiras. Ademais, contamos con todos os nosos clientes que fan que a nosa familia medre. Seguimos aprendendo e formándonos día a día, adquirindo coñecementos para ofrecermos sempre unha atención veterinaria da máis alta calidade.

  Servizos:

  - Medicina preventiva. Vacinacións e chequeos rutinarios.
  - Medicina interna. Cardioloxía, dermatoloxía, laboratorio, hospitalización, odontoloxía...
  - Cirurxía veterinaria. Quirófano equipado con anestesia inhalatoria e equipo de monitorización.
  - Oftalmoloxía veterinaria.
  - Animais exóticos. Asesoramento e coidado na tenencia de todas as especies.
  - Diagnóstico por imaxe. Moderna tecnoloxía para o rápido diagnóstico e tratamento.
  - Perrucaría canina e felina. Todo tipo de cortes de pelo e baños. 

  URXENCIAS 24 horas.
  609 81 60 90

  Web: http://www.elarcaveterinaria.es

Enderezo

  • Avda Primo de Rivera 8
  • 15006 A Coruña
  • Teléfono: 981 15 45 92
  • Móbil: 609 81 60 90
  • Web: http://www.elarcaveterinaria.es
  • E-mail: elarca.hospitalveterinario@gmail.com

Horario de Atención

De luns a venres 

de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 h

Sábados de 10:00 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados