E-distrito

Inmoarch. Arquitectura, inmobiliaria

Tipo de Establecimento: Decoración / Iluminación/ Profesionais / Maquinaria » Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Ascensores

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@inmoarch.com

.

  Inmoarch. Arquitectura e Consultoría inmobiliaria.

  Prestamos un servizo integral de asesoramento inmobiliario e arquitectónico, contando cun estudio propio de arquitectura.

  Non queremos ser unha inmobiliaria ao uso. Comprometémonos a atopar o que buscas: casas, apartamentos en praia, núcleo rural, chan rústico, naves industriais, solares…. calquera inmoble, asesorando e acompañando en todo o proceso, ata a formalización en Notaría.

  Pertencemos a unha Sociedade de Taxación, homologada polo banco de España para realizar taxacións hipotecarias, contando con datos reais do prezo de venda, o que fusionado á nosa experiencia no ámbito da Arquitectura e da construción, fai que as valoracións das propiedades sexan reais e beneficiosas tanto para o comprador, como para o vendedor, buscando sempre o prezo xusto.

  Apaixónanos a arquitectura, creamos espazos con carácter e estilo propio plasmando as ideas dos nosos clientes grazas a un proceso de constante comunicación con eles. Involucrámonos en todo o proceso, desde a idea de proxecto, deseño e desenvolvemento, ata a construción. Ofrecemos unha xestión global que inclúe a procura de solares ou casas a rehabilitar, obtención de licenzas, desenvolvemento do proxecto, asesoramento na selección de materiais e unha exhaustiva supervisión na execución da obra, así como o cumprimento dos orzamentos e os prazos de execución. 

  Ofrecemos solucións técnicas e creativas adaptadas ás esixencias dos nosos clientes, xa se trate dun proxecto de nova construción, unha rehabilitación integral, un proxecto de interiorismo, urbanismo, etc. 

  Realizamos todo tipo de infomes técnicos, periciais, certificados enerxéticos, cambios de uso, e en definitiva todo o relacionado co campo da Arquitectura.

  https://www.inmoarch.com

Enderezo

  • Rúa Alcalde Marchesi 6
  • 15006 A Coruña
  • Teléfono: 981 90 73 70
  • Web: https://www.inmoarch.com
  • E-mail: info@inmoarch.com

Horario de Atención

De luns a venres
de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h

Horario de verán: 

De luns a venres de 09:30 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados