E-distrito

Chueco. Artesanía en cuero

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes » Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases)

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: chueco@chueco.es

.

   Chueco. Artesanía en cuero.

  Chueco é un taller de artesanía con máis de corenta anos de historia, trinta deles asentados na Coruña, onde se realizan unha gran variedade de produtos de coiro. Estas confeccións artesanais caracterízanse pola utilización de diferentes técnicas, entre elas: repuxado, troquelado, tintado a man, costura con tireta, estampado e incrustacións.

  Cada un dos nosos produtos artesanos ten personalidade propia e o seu proceso de creación baséase nun sentimento de amor polo coiro moi arraigado, onde creatividade e destreza aportan ao deseño o chisco de innovación necesaria para subsistir nestes tempos.

   Produtos artesanais, creados según a tradición da marroquinería.

  Ofrecemos un produto de primeira calidade, realizado en coiro de vaca e poldro partindo da marroquinería artesanal. Entre todas as nosas manualidades de coiro podemos atopar: bolsos, carteiras, cintos, fundas, lapiceiros, chaveiros, moedeiros, pitilleiras, pulseiras, tarxeteiros e máis...

  Así mesmo podemos ofrecerlle pezas artesás de cualquera tipo confeccionadas a medida e por encargo. 

  Consúltenos acerca de artigos de agasallo para vodas, obsequios e agasallos de empresa, personalizados con selo ao lume, para unha lembranza única, artesá e especial. 

  Contacte connosco, e consulte a nosa presenza en feiras de artesanía a nivel nacional e internacional. 

  Non dubide en visitarnos no taller, na nosa tenda sita tamén na Coruña, ou acudir ao noso stand en feiras de produtos artesáns.

  Web: https://chueco.es/
  Facebook:  https://www.facebook.com/profile.php?id=100057304788015
  Instagram: https://www.instagram.com/chuecoartesaniaencuero/

Enderezo

  • Rúa Ramón Cabanillas 27
  • 15007 A Coruña
  • Teléfono: 981 22 34 37
  • Móbil: 680 65 91 35
  • E-mail: chueco@chueco.es

Horario de Atención

De luns a sábado

de 12:00 a 20:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados