E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

A Comisión Europea impón a Google unha multa récord de 2.420 millóns por abuso de dominio.

A Comisión Europea impón a Google unha multa récord de 2.420 millóns por abuso de dominio.

  Trátase da maior dictada polas autoridades de Competencia da UE contra unha sóa compañía, por abuso de posición dominante ao dar "vantaxes" ilegais" ao seu servizo de comparación de compras.

  A compañía rexeita as acusacións. Outros frentes abertos serían as acusacións tamén por parte da Comisión Europea de abuso de posición dominante con Android e co sistema de publicidade de Adwords.

  29 xuño 2.017

  A Comisión Europea (CE) impuxo este xoves a Google unha multa de 2.420 millóns de euros, a maior ditada ata a data polas autoridades da Competencia da UE contra unha soa compañía, por abusar da súa posición dominante como motor de procuras na internet ao dar vantaxes "ilegais" ao seu servizo de comparación de compras.

  A multa, que Bruxelas impón ao xigante tecnolóxico por favorecer de forma sistemática ao seu servizo de comparación de prezos, Google Shopping, fronte aos seus rivais nos resultados do seu buscador, chega tras un contencioso de sete anos entre Bruxelas e a empresa estadounidense.

  A sanción está moi lonxe do tope máximo ao que podía ascender, do 10% da facturación de Google, cuxa matriz, Alphabet, tivo unhas vendas de máis de 80.200 millóns de euros.

  Con todo, eses 2.420 millóns, que equivalen ao 3% das vendas de Alphabet, superan as maiores multas impostas ata agora pola Comisión: os 1.100 millóns que ordenou pagar a Intel en 2009 ao considerar que incorrera en prácticas anticompetitivas ao tratar de expulsar aos seus rivais do mercado de microprocesadores, e os 497 millóns para Microsoft en 2004.

  Bruxelas enviou un primeiro prego de cargos a Google en abril de 2015 no que denunciou que a empresa reserva sistematicamente un trato favorable ao seu comparador de prezos nas súas páxinas de resultados de procuras xerais. 

  Na súa decisión deste martes, a Comisión Europea conclúe que Google adxudicou ao seu servizo de comparación de prezos unha vantaxe "ilegal" ao outorgarlle unha posición "prominente" nos resultados de procura, ao mesmo tempo que "degradaba" a visibilidade dos resultados sobre os seus rivais.

  Derivado de Eldiario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados