E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

A Fiscalía pide non xulgar ao PP polo borrado dos ordenadores de Bárcenas e a aplicación da Doutrina Botín.

A Fiscalía pide non xulgar ao PP polo borrado dos ordenadores de Bárcenas e a aplicación da Doutrina Botín.

  Conclúe que o borrado por 35 veces non afectou ás investigacións xudiciais sobre financiación irregular pese ao declarado polo propio Bárcenas.

  30 xaneiro 2.018

  A fiscal do caso coñecido como "ordenadores de Bárcenas", Carmen Luciáñez, solicitou que o Partido Popular non sexa xulgado en aplicación da doutrina Botín. O Ministerio Público non aprecia delito algún nos feitos investigados e recorre á doutrina do Tribunal Supremo segundo a cal non se pode xulgar a quen só é sinalado polas acusacións populares.

  Do resto de acusados, a Fiscalía pide en consecuencia que sexan absoltos no xuízo que se vai a celebrar pola destrución dos discos duros que contiñan, segundo Luís Bárcenas, información da caixa B da formación que preside Mariano Rajoy.

  Nun escrito de catro páxinas, a fiscal conclúe que os feitos recolleitos durante a instrución "non son constitutivos de infracción penal algunha". Debido a este caso, o PP se vai converter no primeiro partido político na historia de España que senta no banco dos acusados.

  O Partido Popular xa recorrera á aplicación da "doutrina Botín" e agora súmase a Fiscalía. Será nas cuestións previas, celebradas no arranque do xuízo, cando se expoña ante o tribunal. Entón, segundo fontes xurídicas, este decidirá se cabe aplicala ou non, aínda que tamén pode resolver ao final da vista. A xuíza Rosa María Freire ditou o pasado decembro auto de apertura de xuízo oral contra o Partido Popular e tres persoas físicas no caso da destrución dos computadores que Luís Bárcenas gardaba na sede de Xénova.

  Freire atribúe un delito de encubrimento e danos informáticos á actual tesoureira do partido, Carmen Navarro; ao seu director xurídico, Alberto Durán; e ao xefe de informática José Manuel Moreno. Ao PP non lle pode atribuír encubrimento porque é unha persoa xurídica, pero si o delito de danos informáticos.

  Ante a solicitude da xuíza para que cada parte presente os seus escritos de conclusións, a fiscal do caso responde que a instrución non permitiu acreditar "cal era a información que contiñan os computadores" e que tampouco se puido demostrar que a información contida nun pendrive, que tamén reclama Bárcenas, "procedese dos citados computadores".

  En canto á obstrución da investigación do financiamento irregular do PP que causaría a destrución dos computadores, a fiscal Luciáñez conclúe: "Non se acreditou que dita información fose relevante para as Dilixencias Previas 275/2008, nin para calquera investigación xudicial".

  "Tampouco se acreditou que o borrado nin formateo dos discos duros dos citados ordenadores causase dano grave ao señor Bárcenas ou a ningunha investigación xudicial", engadiu.

  Doutrina Botín ou Doutrina Atutxa?

  A doutrina Botín fai referencia á sentenza 1045/2007 do Tribunal Supremo pola que o xa falecido presidente do Banco Santander evitou ser xulgado. Segundo estableceu o fallo do Alto Tribunal, ninguén pode sentar no banco se só actúa a acusación popular, pero nin o prexudicado directo do presunto delito, nin a Fiscalía exercen a acusación.

  O mesmo Tribunal Supremo matizou a súa doutrina con motivo do caso Atutxa en 2008. Así estableceu que, aínda que non haxa acusación particular, nin a Fiscalía acuse, o procesado pódese sentar no banco se " o delito afecta a bens de titularidade colectiva, de natureza difusa ou de carácter metaindividual".

  As acusacións popular, exercidas por Observatori Desc, Izquierda Unida e Adade, consideran que o delito de danos informáticos que se pode atribuír ao Partido Popular fíxose en concurso medial co de obstrución á xustiza, isto é, que o seu fin último era esta última tipoloxía delituosa, que si afecta á Administración de xustiza e, por tanto, ao conxunto dos cidadáns.

  Derivado de El Diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados