E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

Natura/ O Courel aprende a convivir co oso pardo

Natura/ O Courel aprende a convivir co oso pardo

  En xullo de 2017 botou a andar o proxecto Life Oso Courel, iniciativa financiada pola Unión Europea, destinada a protexer o hábitat do oso pardo nas serras orientais de Lugo.

  A Fundación Oso Pardo convida a agricultores e gandeiros da serra a unha visita á zona oseira de Somiedo, en Asturias, no marco do proxecto Life

  11 Maio 2018

  En xullo de 2017 botou a andar o proxecto Life Oso Courel, unha iniciativa financiada pola Unión Europea e destinada a protexer o hábitat do oso pardo nas serras orientais de Lugo. O plantígrado, especie ameazada no territorio galego, atopa moitas dificultades para moverse debido ás actividades humanas. É tamén ás veces unha fonte de conflitos, debido a danos puntuais que causa na apicultura e no gando.

  Para contribuír á mellora da situación, a Fundación Oso Pardo, que coordina este proxecto Life, organizará a semana que vén unha viaxe formativa ao Parque Natural de Somiedo, en Asturias, unha zona oseirana que se desenvolven experiencias que contribúen ao equilibrio entre a poboación de osos e as actividades humanas. A viaxe está dirixida a veciños do Courel – apicultores, gandeiros e outros profesionais – para que coñezan de primeira man as actividades que se realizan en Somiedo.

  O encontro, dirixido a veciños de Quiroga, Folgoso do Courel, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, enmárcase dentro dos obxectivos do programa Life, como son o fomento da aceptación do oso entre a poboación local mediante accións de sensibilización con axentes claves do territorio, así como a prevención e solución dos posibles conflitos. Deste xeito búscase favorecer a viabilidade a longo prazo das poboacións cantábricas de oso pardo, facilitando a súa expansión e a incrementando a súa área de distribución, agora mesmo en perigo.

  O proxecto Life Oso Courel, que se desenvolverá ata 2020, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, ademais do apoio da Fundación Biodiversidad e Gas Natural Fenosa.

  Derivado de GCiencia.
  Foto: Martín Iraburu / CC BY 2.0.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados