E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

O PPdG veta unha proposta para combater o uso de bolsas de plástico

O PPdG veta unha proposta para combater o uso de bolsas de plástico

  Patricia Vilán (PSdG) propuxo fixar un imposto disuasorio contra as bolsas de plástico dun só uso ao que En Marea e BNG se sumaron.  

  05 xuño 2018

  No día do Medio Ambiente, o  Partido Popular vetou no Parlamento a proposta de Lei do Grupo Socialista para reducir o consumo de bolsas de plástico dun só uso. Estas bolsas son consideradas macroplásticos e tardan en degradarse 55 anos: "cada ano oito millóns de toneladas de plástico chegan aos mares e os océanos e en 2050 no mar haberá mais plásticos que peixes”, apuntou a voceira socialista que tamén lembrou que outras autonomías como Catalunya ou Andalucía conseguiron reducir o uso de este tipo de plásticos. 

  Ademáis, Vilán puxo sobre a mesa que “Bruxelas levaba dicíndolle ao Goberno do Estado que tiña que reformar o sistema impositivo medioambiental” e afirmou que “España fíxoo tarde, mal e arrastro". Así, sinalou que a proposta socialista “ traería consigo un imposto con carácter indirecto e natureza real, co obxectivo de diminuír as bolsas de plástico e a finalidade de minorar a contaminación”. Desta xeito, “o tipo impositivo sería de 10 céntimos de euro e a partires de 2020 de 15 céntimos”.

  Toneladas de plásticos en mares e océanos

  No día do Medio Ambiente, este ano adicado á loita contra os plásticos, o Grupo Parlamentario dos Socialistas presentou unha proposta de lei que vetaron os populares. O 32 % de todo o plástico que utilizamos os seres humanos acaba na natureza. Calcúlase que cada ano 8 millóns de toneladas de plástico chegan a mares e océanos, polo que o World Economic Forum informa que en 2050 no mar haberá máis plásticos que peixes. Ademais da alta mortalidade que provocan na vida animal e da suciedade que xeran, os plásticos afectan igualmente á saúde dos seres humanos a través entre outros factores do consumo de pescado.

  Así, na UE, a media de consumo de bolsas de plástico é de 176 por persoa e ano, sendo un produto de vida útil efémera de tan só 15 minutos, aínda que facilmente substituíble por sistemas reutilizables.

  Derivado de GConfidencial.
  Foto: NOAA

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados