E-distrito

Noticias

O 71´5% da poboación galega pertence á clase media-baixa ou baixa.

O 71´5% da poboación galega pertence á clase media-baixa ou baixa.O 71´5% da poboación galega pertence á clase media-baixa ou baixa.

  O estudo salienta que entre 2007 e 2016 o peso das clases alta e media en Galicia descendeu máis de cinco puntos, ficando por debaixo do trinta por cento (28,5%).

  A nivel estatal tan só está por detrás de Estremadura, Andalucía, Castilla La Mancha, Canarias e Murcia. Galicia é a comunidade con máis pobreza da metade norte.

  O estudo foi realizado pola Fundación Ramón Areces e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas

  18 xuño 2018 

  "Todos somos clase media", adóitase escoitar. A categoría, difusa, serve moitas veces para ocultar diferenzas importantes na renda e no nivel de vida da poboación. A Fundación Ramón Areces e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas veñen de publicar un informe sobre a distribución da renda ao longo da crise económica no Estado español e en cada unha das comunidades autónomas. O estudo salienta que entre 2007 e 2016 o peso das clases alta e media en Galicia descendeu máis de cinco puntos, ficando por debaixo do trinta por cento (28,5%). Por debaixo deste nivel ficaría unha clase media-baixa que abranguería o 35,1% da poboación e outro 36,4% de galegos e galegas en situación de pobreza.

  A clase media foi a que máis diminuíu nos peores anos da crise, pasando de representar o 24,1% da poboación a ser só o 19%

  O informe analiza a evolución destes grupos sociais entre 2007 e 2013 e entre 2013 e 2016, recollendo un forte incremento desta poboación pobre nos seis primeiros anos de crise (do 33,6% ao 43,2%), descendendo nos tres anos seguintes de recuperación económica ata o 36,4%. A clase alta reduciuse ata o 2013 do 9% ao 6,4%, crecendo posteriormente unhas décimas. A clase media foi a que máis diminuíu nos peores anos da crise, pasando de representar o 24,1% da poboación a ser só o 19%. Dende o 2013, a porcentaxe de poboación que o estudo enmarca neste grupo social volveu crecer, ata o 21,8%, pero lonxe aínda dos niveis previos á crise.

  Apenas o 28,5% da poboación galega ten unha renda igual ou superior á renda media española, fronte ao 35,6% que supera este nivel no conxunto no Estado

  Apenas o 28,5% da poboación galega ten unha renda igual ou superior á renda media española, fronte ao 35,6% que supera este nivel no conxunto no Estado.No ano 2007 a porcentaxe de galegos e galegas que superaban a renda media era o 33,1% e no conxunto de España o 41,4%. Neste indicador, tan só Estremadura, Andalucía, Castela-A Mancha, Canarias e Murcia fican por debaixo de Galicia, é dicir, cunha maior proporción da súa poboación por debaixo da renda media do Estado.

  "O impacto da crise sobre as diferentes xeracións foi tremendamente asimétrico, incidindo especialmente sobre a poboación máis nova"

  O informe conclúe que "estamos aínda lonxe de alcanzar os niveis de oportunidade de renda e emprego que tiñamos en 2007", cifrando a distancia que nos separa daquela situación nuns 15 puntos porcentuais en oportunidades de renda e máis de 20 puntos porcentuais en oportunidades de emprego. Así mesmo, salienta que "o impacto da crise sobre as diferentes xeracións foi tremendamente asimétrico, incidindo especialmente sobre a poboación máis nova". O grupo de idade comprendido entre 16 e 30 anos viu como se reduciron as súas oportunidades de renda á metade das que tiñan en 2007 e as de emprego ao 60% das que tiñan naquel ano, conclúe.

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados