E-distrito

Noticias

Convocadas as axudas ao alugueiro de vivendas ás que o Goberno galego destina este ano preto de 15 millóns de euros

Convocadas as axudas ao alugueiro de vivendas ás que o Goberno galego destina este ano preto de 15 millóns de euros

  As solicitudes poden presentarse ata o 30 de xullo. Consulta aquí requisitos e cuantías.

  29 xuño 2.018

  A Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca as axudas ao alugueiro ao alugueiro de vivendas ás que o Goberno galego destina este ano preto de 15 millóns de euros.

  Coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia das bases que rexen a convocatoria para o 2018, os interesados poden presentar as solicitudes para as axudas ao alugueiro de vivendas do plan de vivenda 2018-2021 xa desde mañá, día 29 de xuño, e ata o próximo 30 de xullo.

  Sinalar que a convocatoria destas axudas foi aprobada polo Consello da Xunta da pasada semana, avanzando nos trámites para a concesión das axudas en tanto o Ministerio de Fomento non formaliza a sinatura do convenio coa Xunta do Plan estatal de vivenda.

  Poderán solicitar estas axudas todas as persoas que conten con ingresos entre 0,7 e 2,5 veces o Iprem, inda que no caso de familias numerosas ou persoas con determinadas discapacidades ese límite incrementase ata 4 ou 5 veces o Iprem, en función da categoría da familia e do grado da discapacidade. Ademais, a vivenda alugada deberá constituír a residencia habitual e permanente.

  As axudas concederan por un prazo de tres anos, inda que será preciso solicitar a prórroga e acreditar o cumprimento dos requisitos nos segundo e terceiro anos.

  No seguinte enlace ao DOG: https://bit.ly/2yPyxvJ poden consultarse as bases polas que se rexerán e a convocatoria para 2018.

  Preto de 15 millóns de euros

  A Xunta de Galicia destinará un total de 14,8 millóns de euros a axudas para o pago destas axudas, que se inclúen no Plan de Vivenda 2018-2021 e se distribúen en catro anualidades, ao concederse por un prazo de tres anos.

  A convocatoria de axudas ao alugamento de 2018 inclúe dúas modalidades, unha dirixida con carácter xeral a toda a poboación que cumpra os requisitos establecidos e outra específica para menores de 35 anos:

• Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. 
• Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

  É requisito imprescindible que a vivenda alugada constitúa o domicilio habitual e permanente dos beneficiarios das axudas durante todo o período de concesión das mesmas.

  Axudas

  A contía da axuda para a Liña A será do 40 por cento da renda mensual, excepto para as persoas que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, en cuxo caso a axuda será do 50 por cento da renda mensual.

  No caso das axudas á mocidade (Liña B) o importe da mesma será do 50 por cento da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

  Nos dous casos as axudas concederanse por un prazo de tres anos, pero para poder desfrutar das mesma no segundo e terceiro ano as axudas deberán renovarse anualmente, no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou da primeira renovación. Para a renovación da axuda será necesario continuar cumprindo os requisitos.

  As axudas terán carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2018 para os solicitantes que presenten un contrato desa data ou anterior. Para contratos posteriores a axuda concederase dende a data de efectos económicos do mesmo.

  Requisitos dos beneficiarios

  Os solicitantes das axudas ao alugamento deberán acreditar que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia están comprendidos no intervalo entre 0,7 e 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), coas seguintes excepcións:

• Familias numerosas de categoría xeral ou persoas con determinadas discapacidade establecidas na Orde. Nestes casos o límite máximo de ingresos será de catro veces o IPREM.
• Familias numerosas de categoría especial ou persoas con discapacidade dalgún dos tipos indicados na Orde. O límite máximo de ingresos será de cinco veces o IPREM.

  Ademais, ningún dos integrantes da unidade de convivencia poderá ser propietario ou usufrutuario dunha vivenda en España nin ter relación de parentesco co arrendador da vivenda ou ser socio do mesmo. Tampouco poderán acceder a estas axudas os inquilinos de vivendas xestionadas polo IGVS, que xa reciben axudas directas en forma de redución da renda mensual das súas vivendas.

    Requisitos das vivendas alugadas


  Para acceder a estas axudas o importe do alugueiro que pagan os beneficiarios das mesmas non poderán superar os seguintes máximos:

Zona Territorial

Importe da renda mensual de alugamento

Concellos

Prezo máximo superior
500€

A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Zona territorial 1
400€

Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, e Viveiro.Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Zona territorial 2
300€

O resto de concellos de Galicia

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados