E-distrito

Noticias

Sanidade retira un cento de medicamentos para a tensión

Sanidade retira un cento de medicamentos para a tensión

  A medida afecta ao Valsartán e inclúe lotes fabricados en China que poden incluir un composto canceríxeno

  09 xullo 2.018

  O Ministerio de Sanidade ordenou a retirada de máis dun cento de medicamentos que conteñen o principio activo “valsartán”, receitados para controlar a hipertensión e algúns problemas cardíacos.

  O motivo da retirada é a presenza dun impureza coñecida como N-Nitrosodimetilamina, clasificada como axente cancerígeno e utilizado en ocasións para xerar cancro en animais para experimentos clínicos.

  O ministerio advirte aos usuarios, con todo, de que non interrompan o seu tratamento nin o deixen sen antes consultar ao médico para que llo substitúa por outro. “É moi importante”, sinalaron desde o ministerio. A medida non afecta só a España senón que se tomou a nivel global e vén precedida dun aviso da Autoridade Regulatoria de Produtos de Saúde ( HPRA, polas súas siglas en inglés)

  A retirada destes medicamentos distribuídos polas farmacéuticas e laboratorios Kern Pharma, Alter, Cinfa, Normon, Pensa Pharma, Sandoz, Almus, Aurovitas Spain, Combix, Ranbaxy, Stada, Qualigen, Ratiopharm, Tarbis, Tecnimede España, Tedec- Meiji Farma, afectan os lotes fabricados en China, segundo explica na súa web a Axencia Española do Medicamento.

  A impureza “probablemente carcinoxénica” xerouse como consecuencia dun cambio no proceso de fabricación de valsartán, .un principio activo que se utiliza para tratar a hipertensión arterial e que se atopa dispoñible só ou en combinación con outros principios activos.

  Consulta aquí a listaxe de medicamentos: aemps.gob.es/lista

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados