E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

VÍDEO/ Toni Cantó asegura que o castelán é un idioma que desapareceu en Galicia.

VÍDEO/ Toni Cantó asegura que o castelán é un idioma que desapareceu en Galicia.

  O deputado de Ciudadanos asegura que se trata dun feito que ninguén pode negar.

  27 setembro 2018

  O deputado de Ciudadanos Toni Cantó referiuse este mércores no Congreso á situación que atravesa o español en diferentes puntos do país. E fíxoo durante a defensa dunha lei proposta polo seu partido segundo a que non queren que se pida aos funcionarios o dominio das linguas cooficiais nas comunidades con idioma propio.

  Cantó asegurou que o español xa desaparecera en "lugares como Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, País Vasco ou Galicia". E foi máis alá ao afirmar que se trata "dun feito que ninguén pode negar".

  A resposta do deputado de ERC Joan Tardà non se fixo esperar. Mentres Cantó se refería a que a lei que propoñían defendía a igualdade, o catalán decidiu responder cun exemplo práctico.

  Cando foi o seu turno e subiu á tribuna do Congreso, Tardà comezou a falar en catalán, polo que foi reprendido pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor. "Onde está a igualdade? Señor Cantó, os membros do seu partido nas Cortes Valencianas poden falar en castelán. Ninguén llelo impide. Sería unha aberración que alguén lles impuxera nas Cortes Valencianas o uso do valenciano. En cambio, aquí, no ano 2018, no corazón da democracia, no palacio das liberdades, vólvese a demostrar que non é posible" falar en catalán, dixo o político catalán.

.

  Derivado de Galiciae.

  O vídeo foi obxecto de mofa en redes sociais:

Descargas Asociadas

doc_1538045743.mp4

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados