E-distrito

Noticias

O presidente portugués aparece nun vídeo arrincando eucaliptos para plantar especies autóctonas.

O presidente portugués aparece nun vídeo arrincando eucaliptos para plantar especies autóctonas.

  Estamos nesta acción de hoxe precisamente porque estamos preocupados. A natureza fixo irromper outra vez eucaliptos por todas  partes, tanto aquí como na área afectada en xuño -dixo aos xornalistas.

  Relacionadas:

  /a-xunta-aumentara-as-plantacions-de-eucalipto-no-novo-plan-forestal
  /cientificos-piden-a-ue-declarar-o-eucalipto-como-especie-exotica-invasora
  /portugal-conxela-a-expansion-do-eucalipto-ata-2030

  17 outubro 2018

  

  O Presidente da República de Portugal non tivo problemas en poñer luvas e arrincar eucaliptos xunto co ministro da Planificación e das Infraestruturas, pedro Marques, e un alcalde.

  O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, tivo un xesto que está dando a volta ao mundo. Durante unha acción de limpeza e de plantación de especies autóctonas no monte da nosa Señora do Castelo, en Vouzela, o político luso non tivo problema en poñer unhas luvas e axudar a arrincar eucaliptos para plantar carballos. Un xesto que en Galicia sería moi difícil de imaxinar por parte do actual presidente da Xunta. 

  "Estamos nesta acción de hoxe precisamente porque estamos preocupados. A natureza fixo irromper outra vez eucaliptos por todas  partes, tanto aquí, como na área afectada en xuño", dixo aos xornalistas. A pesar de estaren de traxe, Marcelo Rebelo de Sousa, o ministro da Planificación e das Infraestruturas, Pedro Marques, e o alcalde de Vouzela, Rui Ladeira, calzaron as luvas e comezaron a arrincar eucaliptos.

  "Ministro, probe mellor a ver se arrinca á dereita ou á esquerda", dixo entre bromas Marcelo Rebelo de Sousa a Pedro Marques, obtendo a resposta: "dáme sempre máis xeito á esquerda". O Presidente da República foi subindo o monte e arrincando enerxicamente os eucaliptos, até que chanceou "a miña dereita está máis forte do que a miña esquerda".

  Rui Ladeira, enxeñeiro forestal, considerou que accións como como estas son fundamentais. "Estamos aquí a arrincar os eucaliptos e, á súa vez, substituír e colocar especies autóctonas, como carballo, ou castañeiro. É un sinal daquelo que debe ser o camiño que debemos facer para o futuro", defendeu.

  Ver vídeo: https://www.rtp.pt/noticias/pais/

  Derivado de GConfidencial.
  Foto: RTP

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados