E-distrito

Noticias

Galicia perde 9.135 habitantes e sitúase como a comunidade coa maior caída de poboación.

Galicia perde 9.135 habitantes e sitúase como a comunidade coa maior caída de poboación.

  Según o Instituto Nacional de Estadística (INE) ocupa a última posición por debaixo de Castilla y León, con 7.857 menos e a Comunitat Valenciana cunha disminución de  5.959 habitantes. 

  12 decembro 2018

  Galicia é a comunidade que perdeu máis poboación este ano cun descenso de 9.135 persoas, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), seguida por Castilla y León, con 7.857 menos e a Comunitat Valenciana cunha diminución de 5.959 habitantes.

  E é que España está a quedarse sen nenos. Dino as estatísticas. Entre xaneiro e xuño deste ano só naceron 179.794 bebés, a cifra máis baixa de toda a serie histórica que comezou a elaborarse en 1941, e case un 6% menos que os que naceron un ano antes. O problema é máis grave aínda, porque mentres descenden os nacementos aumentan as mortes. No mesmo período faleceron 226.384 persoas, un 2,1% máis que no primeiro semestre de 2017. Así é que o número de mortes menos o de nacementos reflicte unha perda de poboación, ou crecemento vexetativo, 46.590 persoas. 

  Estes datos forman parte das Estatísticas do Movemento Natural da Poboación (nacementos, defuncións e matrimonios) difundidas polo INE, que explican que a perda de poboación, débese tanto á maior mortalidade como á menor natalidade rexistrada este ano. A deterioración demográfica que sofre España agravouse poucos anos despois de 2008, cando comezou a crise económica que fixo que gran parte dos inmigrantes, na súa maioría unha poboación nova cunha taxa de natalidade superior á española, regresase aos seus países de orixe ou emigrasen a outras zonas en procura de mellores oportunidades de vida. E as consecuencias son evidentes: menos nacementos –case un 25% menos– e unha caída da poboación que, ademais, cada vez é máis vella porque a esperanza de vida cada vez é máis alta, por encima dos 83 anos. 

  Desde 2012 cando España rexistrou a cifra de poboación máis alta da súa historia, con 46,8 millóns de habitantes, reduciuse en preto de 200.000 persoas. Lonxe quedan as décadas dos 60, 70 e 80, nas que os nacementos superaban o medio millón e o número medio de fillos por muller era maior de dúas. O problema da natalidade é común a todas as comunidades autónomas, aínda que é máis acusado na Rioja, onde caeron un 13,7%, seguida de Estremadura, cun 10,3% e de Cantabria, cun 7,8%. 

  Segundo unha estatística recente do INE, ás mulleres españolas gustaríalles ter máis fillos (a taxa de fecundidade actual é de 1,3 fillos), pero as condicións laborais, de conciliación e económicas impídenllo. O número de nacementos rexistrados no primeiro trimestre, dos que dous de cada dez son de nai estranxeira, continuou a tendencia á baixa iniciada en 2009, que só se interrompeu en 2014, cando houbo un lixeiro repunte. Mentres, os falecementos seguen aumentando por quinto ano consecutivo. Por comunidades, a evolución das defuncións non foi homoxénea. Aumentaron en doce das 17 rexións encabezadas por Canarias onde creceron un 10,2%, Andalucía, cun 5,3% e Cantabria, cun 5,1%. Como resultado destes datos, o saldo vexetativo (aumento ou perda de poboación) entre xaneiro e xuño só foi positivo en tres comunidades. Neste punto, a Comunidad de Madrid rexistra 3.714 persoas máis; a Región de Murcia viu como se incrementou o seu conxunto poboacional en 997; e as Illes Balears, en 428 habitantes máis.

  Derivado de El Ideal Gallego.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados