E-distrito

Noticias

Facebook entregou a Microsoft, Netflix ou Amazon datos personais que negou ter compartido

Facebook entregou a Microsoft, Netflix ou Amazon datos personais que negou ter compartido

  Documentos internos da compañía revelan que permiteu a xigantes tecnolóxicos acceder a datos de mensaxes privados e conexións personais sen consentimento dos usuarios, según New York Times.

  19 decembro 2018

  A rede social Facebook compartiu máis datos persoais dos seus usuarios con xigantes tecnolóxicos como Microsoft, Amazon ou Netflix dos que se deron a coñecer ata agora, segundo unha exclusiva publicada hoxe por The New York Times.

  O xornal tivo acceso a centenares de documentos internos da compañía de Mark Zuckerberg que revelan como compartiu os datos sen o consentimento dos usuarios e xerou así o seu modelo de negocio a través da publicidade. Por exemplo, Facebook autorizou a Bing, o buscador de Microsoft, a ver todos os nomes das amizades dos usuarios de Facebook. A Netflix e a Spotify permitiulles analizar as mensaxes privadas dos seus usuarios. A rede social tamén deu a Amazon acceso aos nome dos usuarios e información de contacto e a Yahoo permitiulle ver publicacións das amizades. 

  Algunhas destas prácticas ocorreron polo menos ata os meses de verán, cando salpicada por múltiples escándalos de privacidade, Facebook dixera publicamente que xa non o permitía. En total, foron unhas 150 compañías, na súa maioría negocios tecnolóxicos, os que se beneficiaron destes acordos para acceder aos datos de Facebook, que ten 2.200 millóns de usuarios. 

  O director de privacidade de Facebook, Steve Satterfield, asegura ao rotativo neoiorquino que ningún destes acordos violou os acordos de privacidade ou os compromisos cos reguladores federais. Aos diferentes escándalos de privacidade de Facebook que socavaron a imaxe e reputación da empresa, súmanse a controversia que rodea á rede social polo uso da súa plataforma co fin de difundir bulos e noticias falsas en procesos electorais co obxectivo de influír nos resultados.

  Derivado de El diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados