E-distrito

Noticias

A Xunta aproba o complemento extraordinario de 206 euros para perceptores das pensións máis baixas

A Xunta aproba o complemento extraordinario de 206 euros para perceptores das pensións máis baixas

  Serán 39.000 perceptores e Feijóo asegura que a axuda se ingresará de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos sen necesidade de que a soliciten.

  22 decembro 2018

  O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves a aprobación do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores das pensións máis baixas. Un complemento, dixo, do que se beneficiarán 39.000 galegas e galegos entre perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

  Sobre este punto, Feijóo asegurou que esta axuda se ingresará de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os anteditos requisitos, sen necesidade de que a soliciten nin realicen ningún trámite adicional. Ademais, explicou que estes 206€ serán abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro.

  Trátase, incidiu, dun complemento de excepcional importancia polo colectivo ao que beneficia. Nese sentido, o presidente da Xunta dixo que son poucas as Comunidades Autónomas que aínda manteñen este complemento adicional á pensión non contributiva. 

  Derivado de Xunta.gal

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados