E-distrito

Noticias

Lanzado con éxito o satélite galego ‘Lume-1’ co foguete Soyuz

Lanzado con éxito o satélite galego ‘Lume-1’ co foguete Soyuz

  O satélite galego Lume-1, o cuarto dos construídos pola Universidade de Vigo, foi lanzado ao espazo esta madrugada a bordo dun foguete Soyuz dende a base rusa de Vostochny, en Siberia.

  27 decembro 2018

  O satélite galego "Lume-1", o cuarto dos construídos pola Universidade de Vigo, foi lanzado con éxito ao espazo esta madrugada a bordo dun foguete Soyuz dende a base rusa de Vostochny, en Siberia. O foguete portador Soyuz-2.1a abandonou o porto espacial de Vostochny este xoves á hora prevista, ás 3.07.18 (hora de Galicia), segundo confirmou a axencia de noticias TASS.

  “O foguete portador Soyuz-2.1a lanzouse áhora programada”, dixo a axencia espacial rusa Roscosmos. Nove minutos despois do lanzamento, a etapa superior con todas as naves espaciais separouse da terceira etapa do foguete.

  Aproximadamente unha hora despois diso, a Soyuz deixou no espazo os dous satélites Kanopus-V, fabricados por Rusia para previr desastres naturais. Xunto a eles viaxaban outras 26 naves espaciais, entre as que se contaba o satélite galego "Lume-1". A axencia Roscosmos informou de que “entre as naves estranxeiras que se enviaron á órbita atópanse as naves GRUS de Xapón, 12 satélites Dove dos Estados Unidos, a nave espacial ZACube-2 de Sudáfrica, o Lume-1 de España, os satélites alemáns D- Star ONE ( iSat), D- Star ONE ( Sparrow) e UWE-4, así como 8 naves espaciais Lemur dos Estados Unidos.

  Este foi o cuarto lanzamento desde o porto espacial Vostochny no Afastado Oriente de Rusia.

  Derivado de GCiencia
  Foto: O foguete Soyuz no momento de voar cara ao espazo co Lume 1 a bordo.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados