E-distrito

Noticias

En Marea lanza primarias para as xerais mentres Anova, Podemos e EU negocian reeditar a coalición

En Marea lanza primarias para as xerais mentres Anova, Podemos e EU negocian reeditar a coalición

  A tensa unidade dos últimos tres anos e medio está a piques de rematar: o que en 2015 e 2016 foi unha única opción electoral nas eleccións xerais do 28-A serán dúas.

  18 febreiro 2019

  Anova, Podemos e Esquerda Unida xuntáronse na compostelá praza de Mazarelos. Mariano Rajoy viña de anunciar que as eleccións xerais se celebrarían o 20 de decembro e, en plena resaca dos éxitos electorais das mareas municipais,"sería tráxico que nunhas eleccións xerais fósemos uns por un lado e outros, polo outro". Aquela Declaración de Mazarelos foi o xermolo dunha coalición electoral que adoptou o nome de En Marea e que naquel 20D logrou o que nunca lograra antes unha formación á esquerda do PSOE: 6 escanos e a condición de segunda forza política en Galicia nunhas xerais, só por tras dun PP que perdía a maioría absoluta.

  Tras aquel primeiro éxito, entre a controversia por non lograr grupo parlamentario propio malia superar o limiar dos cinco escanos e entre negociacións non exentas de tensión, En Marea volveu concorrer como coalición destas tres forzas ás novas eleccións xerais de xuño de 2016. Naquela ocasión perderon un escano e o balance posterior incluíu unha chamada a reducir o ruído interno, algo que non sucedeu. Así e todo, naquel verán de 2016 a confluencia constituíuse en partido instrumental coa vista posta nas eleccións galegas de setembro, ás que se presentou con Luís Villares como candidato á presidencia da Xunta.

  Esta peripecia de tensa unidade dos últimos tres anos e medio está, con toda probabilidade, a piques de rematar. As fortes tensións internas dos últimos meses, especialmente as xurdidas en torno ás últimas eleccións internas da formación, volveron abrollar esta semana na votación das emendas á totalidade dos Orzamentos Xerais do Estado, emendas cuxa aprobación veñen de precipitar a convocatoria de eleccións xerais para o 28 de abril. E evidenciáronse aínda máis este sábado.

  Para Luís Villares repetir o modelo de coalición sería "un erro" e por iso anima á participación nas primarias de En Marea: "A unidade fana as persoas, non os partidos", resalta o voceiro

  A fractura que xa se daba por feita para as eleccións europeas do 26M acelerou polo adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez. Así, dende En Marea como partido o seu voceiro, Luís Villares, confirmaba este sábado a inmediata convocatoria de eleccións primarias para confirmou o lanzamento dun proceso de primarias para ambos procesos electorais, cun calendario que prevé celebrar as votacións do 8 ao 10 de marzo. Para Villares repetir o modelo de coalición suporía "un erro" do que "aprender", entre outros aspectos porque imposibilita obter "grupo parlamentario propio", razoou.

  En Marea, considera o tamén voceiro no Parlamento galego, naceu para "superar os partidos e establecer un espazo de unidade" que é de "adscrición individual" con independencia da militancia dos seus membros noutras formacións partidarias. "A unidade fana as persoas, non os partidos", acrecentou Villares, quen agrega que "todo o mundo pode candidatarse aínda que xa se candidatase noutras formacións". Neste contexto asegura non dar por "feita" a ruptura con Anova, Podemos e EU, se ben admite a distancia con elas nos últimos tempos.

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados