E-distrito

Noticias

A Coruña/ A voceira do PP culpa ao alcalde de que aumenten as violacións na cidade.

A Coruña/ A voceira do PP culpa ao alcalde de que aumenten as violacións na cidade.

  Rosa Gallego culpou durante o pleno municipal a Xulio Ferreiro do aumento de agresións sexuais e violacións e asegurou que a éste non lle importa a seguridade cidadá.

  02 abril 2019

  Durante o transcurso do pleno municipal celebrado en María Pita durante o día de onte, a voceira municipal dos populares declarou respecto dos datos de aumento de agresións sexuais e violacións que "la policía evidentemente no tiene la culpa de esto, la tiene un alcalde al que no le preocupa la seguridad ciudadana".

  Xulio Ferreiro amosouse sorprendido por tales declaracións e indignado pola forma de facer política do principal partido da oposición. 

  Galicia está na cifra de agresións sexuais máis alta dende 2011.

  O número total de delitos contra a liberdade sexual rexistrados pola Policía continúa a aumentar en Galicia. No ano 2018 foron 540, o que supón un aumento do 17% con respecto ao ano anterior, cun incremento acumulado do 59% dende o ano 2013. Crecen tamén as agresións sexuais con penetración, 56 o pasado ano, no que supón a cifra máis elevada dende o ano 2011 según datos do Ministerio do Interior. 

  Por provincias, o número de delitos aumenta na Coruña (de 180 a 217), Pontevedra (de 182 a 203) e Ourense (de 46 a 72) e diminúe en Lugo (de 51 a 48). De igual xeito, as agresións sexuais con penetración redúcense na provincia lucense (de 10 a 5), e aumenta na Coruña (de 16 a 20), Ourense (de 5 a 7) e moi especialmente en Pontevedra (de 13 a 24).  A estatística amosa un incremento xeneralizado das violacións nas zonas urbanas

  Por concellos, as cidades nas que se produciron máis agresións sexuais con penetración foron Vigo (cun aumento de 4 a 9), A Coruña (de 2 a 5), Pontevedra (de 0 a 4), Ourense (de 3 a 4), Compostela (a cifra mantívose en 4), Lugo (de 1 a 3) e Carballo (de 0 a 3). A estatística amosa polo tanto un incremento xeneralizado das violacións na Galicia urbana, cando menos daqueles feitos que foron postos en coñecemento da Policía.

  Nos dous últimos anos o impulso do movemento feminista, as campañas de visibilización e denuncia e casos coma o da Manada puxeron as agresións sexuais no primeiro plano da actualidade e colocáronas no centro do debate público.

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados