E-distrito

Noticias

A Coruña/ A Policía Local lembra que espallar chinchetas no carril bici constitúe delito.

A Coruña/ A Policía Local lembra que espallar chinchetas no carril bici constitúe delito.

  Apareceron na recentemente construída infraestructura á altura do Hospital Materno Infantil.

  16 abril 2019

  Aínda que o Concello asegura que o carril bici metropolitano mellorará a forma de desprazarse pola cidade, non todo o mundo está conforme con el. Iso cabe deducir da aparición de chinchetas á altura do hospital Materno Infantil, supostamente esparexidas para picar os pneumáticos das bicicletas. 

  Fontes da Policía Local sinalan que poñer obstáculos á circulación constitúe un delito contra a seguridade viaria, e que poden incluírse agravantes dependendo das consecuencias. 

  Xa pola mañá, o alcalde, Xulio Ferreiro, comentaba que a Policía Local e a Garda Civil estaban ao tanto, aínda que é moi difícil localizar ao responsable. Non é raro, sinalan, que aparezan esta clase de problemas cando se trata de lugares illados, trochas nos montes onde se instalan trampas, como cables tendidos a escasa distancia do chan, para que os ciclistas tropecen e acaben proxectados contra o chan. É un problema que se achaca a xente molesta coa irrupción de ciclistas en zonas que consideran súas pero é máis inusual que isto ocorra nunha vía como é a avenida da Pasaxe. 

  En todo caso, as chinchetas son moito menos perigosas que os cables, advirten desde a Policía Local: “É pouco probable que a un ciclista lle pase nada, máis aló da picada: outra cousa sería se botasen aceite ou outro líquido que lles fixese patinar”. 

  O problema básico de atallar esta clase de condutas é que é moi difícil descubrir ao infractor, posto que espallar chinchetas pódese facer nun segundo, polo que as autoridades recomendan precaución no caso de que este episodio volva repetirse. 

  Derivado de El Ideal Gallego.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados