E-distrito

Noticias

Deportivo/ Presidente e Consello de administración dimiten e convocan unha xunta para escoller nova directiva.

Deportivo/ Presidente e Consello de administración dimiten e convocan unha xunta para escoller nova directiva.

  En cinco anos a constante dos proxectos de Tino Fernández foron os pobres resultados deportivos, o descenso e os despidos, tanto de adestradores como de persoal do clube.

  Iniciaba o seu mandato co despedimento de Fernándo Vázquez e rematouno co de Natxo González hai 15 días. En cinco anos foron nove os adestradores que desfilaron polo banco deportivista aos que tamén acompañaron algúns directivos así como o director deportivo. Tino escudábase en que os despidos contínuos son normais. Canto maior orzamento manexaba o clube peores eran os resultados. O número excesivo de fichaxes de xogadores según ía fracasando cada proxecto tamén contribuiu a que en ningún momento a plantilla fose sólida e confiable.

  23 abril 2019

  O presidente e o consello de administración do Deportivo dimiten e convocan unha xunta o 28 de maio para escoller nova directiva. Tino Fernández abandona o club nove meses despois de ser ratificado polos accionistas á fronte da entidade. 

  Comunicado do Consello de Administración do Real Club Deportivo

  O Real Club Deportivo da Coruña SAD anuncia a convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas na que o seis membros do Consello de Administración da entidade renunciarán ao cargo para proceder ao nomeamento dun novo equipo de goberno.

  Após a reunión do Consello de Administración de hoxe déronse instrucións á Asesoría Xurídica do Club para que no menor prazo posible se publiquen os anuncios oficiais e dita Xunta se celebre.

  O Consello de Administración do Real Club Deportivo quere pedir a todo o deportivismo o máximo apoio no que resta de temporada para que se poidan alcanzar os obxectivos, aínda materializables, dos seus dous principais equipos: o ascenso do Real Club Deportivo a La Liga Santander e o do Deportivo ABANCA á liga Iberdrola.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados