E-distrito

Noticias

Santiago sitúase entre as 700 mellores universidades do mundo

Santiago sitúase entre as 700 mellores universidades do mundo

  O ránking Times Higher Education inclúe también á UVigo e á UDC, pero uns 200 postos máis abaixo

  19 setembro 2019

  De entre 1400 universidades de 92 países, o ránking Times Higher Education (THE) incorpora un ano máis a USC entre as mellores institucións universitarias do mundo, concretamente no intervalo 601-800, mantendo así a posición alcanzada nos últimos tres anos. Pola súa banda, as de Vigo e A Coruña entran tamén nesta clasificación, aínda que 200 postos máis abaixo, no intervalo 801-1.000.

  A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%). Índice de citacións, transferencia de coñecemento ou dimensión internacional son os aspectos mellor valoradas da USC por THE. De España, esta clasificación recolle un total 45 universidades.

  Este mesmo ránking elabora igualmente unha clasificación coas mellores institucións universidades europeas clasificadas pola súa dimensión docente e formativa, aspecto no que a USC se atopa no intervalo 101-125.

  Esta listaxe basearíase en boa medida nos resultados da enquisa realizada por THE entre máis de 30.000 estudantes universitarios e toma en consideración tamén a idoneidade dos medios utilizados polas universidades, as canles de relación coa comunidade universitaria, a capacidade para impartir docencia do xeito máis efectivo ou a dispoñibilidade de contornas de ensino e aprendizaxe inclusivos.

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados