E-distrito

Noticias

A preocupante porcentaxe de casas de apostas en Galicia no mapa de España.

A preocupante porcentaxe de casas de apostas en Galicia no mapa de España.

  Chama a atención polo gran número de negocios deste estilo que se atopan en funcionamento en Galicia. O mapa corresponde ás casas de apostas da empresa Codere.

  24 setembro 2019

  Un mapa de España no que se sitúan todas as casas de apostas que a empresa Codere ten en España obtivo un notable impacto en redes sociais como Twitter, onde numerosos usuarios se fixeron eco da imaxe achegando o seu punto de vista.

  En particular, o caso galego chama a atención polo gran número de negocios deste estilo que se atopan en funcionamento actualmente. Xunto a Galicia, a Comunidad Valenciana, Madrid e, en menor medida, Andalucía ou o País Vasco, son as outras rexións que rexistran unha densidade máis alta de casas de aposta da citada empresa –unha das máis importantes do país– por quilómetro cadrado.

  Por contra, comunidades como Cataluña, Castilla La Mancha ou Castilla León teñen a honra de contar cun número moito máis reducido destas salas, aínda que faltan por contar os negocios do xogo doutras empresas.

  Problema.

 Os xogos de azar empezan a verse como un risco para os menores de idade, quen, a pesar de ser ilegal, acceden a eles grazas ás apostas deportivas e á súa publicidade. De feito, o 23,5% dos mozos galegos de entre 12 e 17 anos "apostou diñeiro nalgún tipo de xogo", segundo os datos provisionais dun estudo realizado o pasado mes de maio por nbsp;a&Universidade de Santiago baixo a dirección do doutor en Psicoloxía Social Antonio Rial.

  A análise, realizado en 41 centros educativos cunha mostra de 4.000 estudantes da ESO, Bacharelato e FP, apunta a que, aínda que o xogo está moi ligado ás novas tecnoloxías, a maioría de adolescentes aposta de xeito presencial, dado que o 22,4% recoñece que algunha vez se xogou o diñeiro en locais. Deles, un de cada cen fíxoo polo menos unha vez ao mes, engade Rial.

  Moitos non o ocultan, xa que o 72,3% realizou esa práctica "á vista de todo o mundo en bares e cafeterías". E iso a pesar de que o asunto ten tamén implicacións legais: o 70% recorre a máquinas de apostas deportivas e "en oito de cada dez casos non se lles pide o DNI", a pesar de que a lei prohibe que os menores aposten.

  Regulación. 

  Cabe sinalar que a Xunta de Galicia permitiu a expansión das apostas pola Comunidade nun grado moi alto (incluso concedendo licencias a 3.600 máquinas de apostas en bares -onde o control é mínimo-) pero este mesmo ano, o goberno galego preparou un borrador da nova lei do sector que ten como obxectivo principal "reforzar os controis e fomentar o xogo responsable". O texto inclúe aspectos reclamados tanto polas asociacións de ludópatas, como polo propio sector. Éstas, de feito xa se queixaran sen éxito, de que as máquinas de apostas en bares non incluísen un control por DNI para evitar o uso por parte de menores de idade.

  A nova normativa ten previsto introducir a limitación do número de salóns de xogo e casas de apostas que se poden instalar en Galicia.

  O Consello da Xunta aprobou o pasado mes de xuño un acordo para limitar as autorizacións e evitar especulacións antes da entrada en vigor desta nova lei, segundo informou o Goberno galego a través dun comunicado. 

  Así, o número de autorizacións en ambas as tipoloxías estará limitado –igual que no acordo aprobado transitoriamente– ás que xa existen na actualidade e ás que están en tramitación. O límite será de 118 salóns de xogo (97 xa en funcionamento e 21 expedientes pendentes) e 41 casas de apostas, todas funcionando e sen ningunha solicitude en tramitación actualmente. 

  Por outra banda, dotarase dunha planificación de autorizacións a estes dous tipos de establecementos, xa que os casinos e salas de bingo xa contaban cunha regulación destas características. De feito, vanse a modificar as normas das salas de bingo, que ata agora se configuraban en función da poboación. O novo texto fixará un máximo de 12 establecementos.

  Derivado de Galiciae.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados