E-distrito

Noticias

Julian Assange permanece enfermo, con baixo peso e illado 23 horas ao día.

Julian Assange permanece enfermo, con baixo peso e illado 23 horas ao día.

  O pai de Julian Assange fala sobre o estado físico e mental do seu fillo en prisión mentres o enviado da ONU concluíu que sufríu torturas.

  Wikileaks é a organización sen ánimo de lucro que denuncia actuacións ilegais e información de interese público. Entre outras moitas figurou a relacionada co asasinato por parte do exército de EEUU do xornalista galego Xosé Couso.

  08 outubro 2019

  Tras cualificar de ilegal a detención do seu fillo e o seu encarceramento na prisión de máxima seguridade de Belmarsh (Londres, Reino Unido), John Shipton, pai do fundador de WikiLeaks, Julian Assange, proporcionou detalles sobre as condicións físicas e mentais do soado xornalista nunha entrevista concedida a Ruptly.  

  Segundo Shipton, o enviado especial de Nacións Unidas contra a tortura, Nils Melzer, concluíu que Assange sufriu torturas físicas e mentais durante o seu encarceramento. "Por suposto, está ansioso e nervioso, pero segue loitando pola súa liberdade. A súa loita é incesante e con todas as súas forzas", asegura o pai. 

  En entrevista con RT, John Shipton considerou que a liberdade de Assange, en caso de obtela, devolveríalle aos xornalistas a confianza no seu dereito para ser protexidos. "Se os gobernos doutros países insisten en que Reino Unido cumpra coas convencións do dereito de asilo, tal como asinou, é evidente que iso beneficiaría a eses Estados e fortalecería a súa influencia", engadiu.  

  O xornalista e documentalista británico John Pilger lanza unha advertencia sobre a situación de Assange "Isto tamén axudaría aos pobos deses países, fortalecería os seus dereitos e restauraría os dereitos dos xornalistas", salientou.  

  Assange foi detido pola policía británica tras permanecer sete anos na Embaixada de Ecuador en Londres. Isto, logo de que o goberno ecuatoriano de Lenin Moreno lle retirase a condición de asilado diplomático. Tras o arresto do activista, Washington anunciou unha acusación na súa contra por presunta conspiración. O 23 de maio pasado, EE. UU. imputoulle 17 novos cargos, entre eles a violación da Lei de Espionaxe. 

  Assange permanece actualmente encarcerado en territorio británico e afronta unha solicitude de extradición por parte de EE. UU. O 28 de setembro, o seu avogado, Carlos Poveda, comentou que o fundador de WikiLeaks permanece illado e podería estar a experimentar serios problemas de saúde. "Está illado 23 horas ao día e conta só cunha hora para relacións interpersoais. É unha situación moi complexa. Baixou de peso e está totalmente illado do mundo exterior. Iso vai afectar a súa saúde", aseverou o letrado.

  Derivado de RT.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados