E-distrito

Noticias

A Coruña/ Urbanismo anuncia que a rúa de Manuel Murguía contará con carril bici bidireccional

A Coruña/ Urbanismo anuncia que a rúa de Manuel Murguía contará con carril bici bidireccional

  O Concello mellorará a mobilidade e busca que a bicicleta se convirta nun dos medios de transporte prioritarios na cidade.

  04 novembro 2019

  O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, levará á próxima Xunta de Goberno Local do día 6 o proxecto de reurbanización da rúa de Manuel Murguía, que inclúe a construción dun carril bici bidireccional no lado do estadio. A actuación recolle a eliminación dun carril de entrada á cidade, dirección rotonda das Escravas, e a renovación de beirarrúas e pavimentos.

  Ademáis, levaranse a cabo melloras na accesibilidade coa ampliación de paradas de buses e a instalación de sistemas de seguridade nos pasos a peóns. O importe das obras ascende a 385.515,41 euros.  

  Desde Urbanismo destacan que o carril bici forma parte do modelo de mobilidade urbana no que traballa o Goberno Local e que pretende dar prioridade á bicicleta. Neste caso, a intención da Concellaría é que no futuro o tramo de Manuel Murguía conecte por unha banda coa Cidade Escolar, polo polígono de Náutica, e polo lado da Ronda de Nelle co futuro carril bici que se construirá unha vez que se elimine o viaduto. O edil de Urbanismo sinala que o cambio na mobilidade é xa unha realidade: "Apostamos pola bici como medio de transporte na cidade"  

  Doutra banda, cos traballos nas beirarrúas e nas paradas de autobús urbano o Goberno local prosegue as melloras encamiñadas a construír unha cidade máis accesible, máis inclusiva. O Concello traballa na posta en marcha dun plan de accesibilidade permanente para lograr "unha cidade sen barreiras". 

  Derivado de Coruna.gal.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados