E-distrito

Noticias

A Xustiza da UE sentencia a favor de Junqueras: tiña inmunidade desde as eleccións europeas

A Xustiza da UE sentencia a favor de Junqueras: tiña inmunidade desde as eleccións europeas

"Unha persoa elixida ao Parlamento Europeo adquire a condición de membro da institución desde a proclamación dos resultados e goza desde ese momento das inmunidades", di a sentenza

  19 decembro 2019

  O Tribunal de Xustiza da UE, en liña co que xa adiantara o avogado xeral Maciej Szpunar en novembro, deu un importante golpe a España este xoves en Luxemburgo e botou un cabo os políticos independentistas: ditaminou a favor de Oriol Junqueras e entende que debe ser eurodeputado e gozar de inmunidade. 

  "Unha persoa elixida ao Parlamento Europeo adquire a condición de membro da devandita institución desde a proclamación dos resultados e goza desde ese momento das inmunidades", afirma a sentenza

  O Tribunal segue a liña do avogado, algo que ocorre no 80% das ocasións. Pero as opinións dos avogados xerais adoitan ser moito máis claras que os ditames e sentenzas, máis ricos en matizacións. Con todo, a sentenza lida este xoves en Luxemburgo é ben clariña: Junqueras tería que ter sido recoñecido como eurodeputado de pleno dereito na mesma noite electoral do 26 de maio, ou, se cadra, desde que se proclamaron os resultados no BOE do 14 de xuño pasado. 

  O Supremo atópase agora cun problema: que Junqueras xa foi sentenciado a 13 anos de cárcere e inhabilitación, tal e como analiza Andrés Gil en eldiario.es. O avogado xeral dicía que ese bucle espazo temporal tiña como consecuencia que "o Tribunal de Xustiza non é competente para responder as cuestións prexudiciais expostas polo Tribunal Supremo, pois a súa resposta tería carácter hipotético". É dicir, que sería ditaminar sobre algo teoricamente amortizado. Pero o Tribunal de Xustiza non se meteu este xoves niso, e deixou en mans do Supremo que interprete as consecuencias do seu ditame: "O tribunal competente [é dicir o Supremo] é a quen incumbe apreciar os efectos aparellados ás inmunidades de que goza o señor Junqueras". 

  É isto pode mudar todo e ser fundamental no proceso, ao cuestionar que durante el se privase a Junqueras da condición plena de eurodeputado, coa inmunidade incluída. Non están claras as consecuencias. Mentres avogados da Eurocámara crían que o ditame non terá "ningún efecto" sobre a sentenza do Supremo, desde a Fiscalía española si cre que o tribunal tería que resolver sobre o recurso, mentres que os letrados de Junqueras pensan mesmo que podería chegar a anulación

  No caso de Puigdemont e Comín, a sentenza do TXUE é clave porque eles foron elixidos eurodeputados o 26 de maio e non teñen unha condena do Supremo, como a que si carga Junqueras. Serían considerados eurodeputados de pleno dereito e, dalgún xeito, o ditame respondea os recursos presentados por ser vetados na Eurocámara en xullo. A euroorden sería dificilmente aceptada e non serían xulgados en España mentres sexan eurodeputados. 

  A inmunidade de Puigdemont e Comín como eurodeputados é un dos argumentos que as defensas empregan para uqe a xustiza belga rexeite a orde de extradición, sobre a que terá que definirse en febreiro pero xa coa decisión de Luxemburgo enriba da mesa. 

  A Eurocámara ten agora un problema, logo de que os seus servizos xurídicos pechasen as portas a Puigdemont ou Comín e que os seus presidentes lavasen as mans no caso de Junqueras, co apoio de populares, socialistas e liberais.

  ERC pide a liberdade inmediata de Junqueras e Puigdemont asegura que "aínda quedan xuíces en Europa"

  A sentenza do Tribunal Europeo provocou moreas de reaccións que desde o ámbito do independentismo piden a liberdade inmediata de Junqueras. A través da súa conta de Twitter, ERC fíxoo pouco despois, ao igual que o político preso que acaba de ser recoñecido como eurodeputado, pedindo "liberdade para todos" e asegurando que se vulneraron os seus dereitos e dos dos dous millóns de cidadáns que votaron o seu partido

  "Aínda quedan xuíces en Europa", sinalou pola súa banda Puigdemont, que considera que as "autoridades españolas intentaron alterar o funcionamento da democracia europea". Comín asegura que "gaña a democracia", mentres que o avogado do ex-president catalán, Gonzalo Boye, pediu a liberdade para Junqueras. 

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados