E-distrito

Noticias

A OMS declara o coronavirus como pandemia

A OMS declara o coronavirus como pandemia

  "Estamos preocupados polos niveis alarmantes de propagación e polos niveis alarmantes de inacción", di o portavoz do organismo.

  12 marzo 2020

  A Organización Mundial da Saúde (OMS) informou este mércores que o coronavirus causante do Covid-19 xa pode definirse como unha “pandemia”, despois de que se multiplicara por 13 o número de casos afectados fóra de China en dúas semanas, ademais de multiplicarse por 13 o número de países afectados.

  “A OMS estima que o Covid-19 pode ser caracterizado como unha pandemia”, asegurou o director xeral da organización, Tedros Adhanom Ghebreyesus. “Podemos esperar que aumente o número de casos, de decesos e de países afectados” nos próximos días e semanas, agregou. Este luns, Tedros xa recoñeceu que “a ameaza era moi real”, despois de que o número de casos de Covid-19 superase os 100.000 contagios en máis dun centenar de países.

  “É preocupante que tantos países estivesen afectados tan rapidamente; o número de casos amosa que a ameaza de pandemia é moi real, pero esta podería ser a primeira pandemia na historia que sexamos capaces de controlar”, sinalaba en rolda de prensa.

  A OMS declarou a súa última pandemia global en 2009, coa gripe A. “Non nos preocupa a palabra, pero si a reacción que provoque: queremos que esta sexa a de seguir loitando, non a de abandonar”, afirmaba respecto diso o director executivo da OMS para Emerxencias Sanitarias, Mike Ryan.

  Galicia.

  En Galicia superábase onte mércores os 40 casos, a maioría de eles na Coruña. Co aumento detectado nas últimas horas, na súa maioría vinculados co foco de Feáns, a incidencia acumulada (casos/100.000 habitantes) en 1,61, fronte aos 4,55 de España. Segue sendo baixa respecto á media estatal, aínda que nas últimas horas subiu ata a posición 12ª, superando a rexións como Baleares ou Valencia.

  No conxunto do territorio estatal hai 142 persoas ingresadas na UCI (2 en Galicia), e faleceron 48 persoas. A taxa de letalidade, 2,2%, é menor que a rexistrada a nivel global (3,6), sempre segundo os datos achegados por Sanidad.

  Derivado de GCiencia

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados