E-distrito

Noticias

Feijóo enviará respiradores a Madrid pese a consideralos como necesidades acuciantes para Galicia.

Feijóo enviará respiradores a Madrid pese a consideralos como necesidades acuciantes para Galicia.

  Onte día 25 Díaz Ayuso anunciaba que Galicia donaría respiradores a Madrid mentres que hai tres días o presidente da Xunta os consideraba unha "necesidade acuciante" para Galicia.

  26 marzo 2020

  A presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, anunciou este mércores 25 de marzo, que lograra o compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para o envío de varios respiradores por parte do Sergas á sanidade madrileña, necesarios para atender as persoas enfermas coa COVID-19.

  Madrid necesita agora solucionar a "gravidade" da súa situación, "mais despois será un privilexio ceder material a outras comunidades. Somos un único país e un grande equipo", declarou Ayuso nunha entrevista na canle de televisión Telecinco.

  Segundo informou a dirixente desta rexión,. que alberga a capital española e onde hai un maior número de casos rexistrados da pandemia provocada polo coronavirus, tamén Andalucía, gobernada polo popular Juan Manuel Moreno Bonilla, e Extremadura, gobernada polo socialista Guillermo Fernández-Vara, comprometéronse ao envío de respiradores.

  O material, asegurou Ayuso, será devolto cando remita a crise da pandemia na capital española na rexión.

  Feijóo anunciara hai uns días que a súa administración estaba implicada na compra, entre outro material, de respiradores para a sanidade galega para facer fronte ao coronavirus perante a carencia destes instrumentos.

  Hai apenas uns días, na comparecencia despois do Consello da Xunta, o presidente anunciaba que ía investir 52 millóns de euros na compra de diverso equipamento sanitario, entre o que se encontraban 45 ventiladores volumétricos. Nas súas declaracións, onde criticaba a insuficiencia das axudas do goberno de España, Feijóo aducía: "O persoal sanitario traslada de forma unánime que non hai material que garantice o correcto desenvolvemento da súa actividade na vindeiras semanas. Apenas chegou nada desde que se decretou a alarma. Temos necesidades imperiosas de maior material de protección, tests, respiradores e material de UCI e de hospitalización".

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados