E-distrito

B. 117 - Distrito Mallos.

  • Actividades
  • Comercios
  • Roteiro

Hostelería. Alimentación. Música, salas, material

Cafetarías e restaurantes. Pubs. Outros. Música. Salas de concertos, material..

Compras

Bebé e infantil (roupa, calzado e accesorios). Deportes (roupa e calzado). Electrodomésticos.... Imprenta. Cartuchos. - Venda especializada/ varios. Informática, Son e Imaxe. Fotografía. Tecnoloxía.. Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa. Moda, Textil, Mercería, Arranxos. Perfumaría, Cosmética, Drogaría.... Zapaterías, zapateiros..

Sector ecolóxico e vexetariano. Produtos sustentables.

Produtos sostibles.

Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes

Ximnasios. Ioga. Pilates. Beleza. Peiteado. Estética, Relax e masaxes.. Tatuaxes.

Decoración / Iluminación/ Profesionais / Maquinaria

Tinturarías, lavandarías, limpeza.... Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Ascensores. Mobles, interiorismo, decoración, luz. Profesionais. Servizos. Reformas, pintura, cerrallaría....

Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores

Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...).. Farmacia / Herboristaría. Fisioterapia. Podoloxía. Ortopedia. Maiores. Outros....

Ensino. Clases

Clases de música y baile. Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros.

Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes

Bibliotecas, Librarías, Papelarías. Vídeo.. Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases). Viaxes.

Legal / Avogados / Xestoría/ Asesorías / Seguros.

Avogados. Xestorías. Asesorías. Seguros.

Automóbil. Motos. Bicicletas. Licencias.

Motos - Bicicletas. Psicotécnicos, autoescuelas. Talleres. Aluguer. Parking.

Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro...

Animais, veterinaria. Flores e xardín..

DESCRICIÓN

B. 117 - Distrito Mallos.

  • Rda. Outeiro esq. Mallos, subterráneo s/n
  • 15007 A Coruña
  • Teléfono: 981 23 81 64

 Referencia

 [O barrio dos Mallos está situado entre a Avda de Arteixo e a de Alfonso Molina, dende a Ronda de Nelle ata a Avda Sardiñeira incluída.]

 O barrio dos Mallos e a súa área foi desenvolvido nos anos 50 sobre a base do crecemento urbanístico derivado da expansión da cidade, cuxo aumento poboacional case se duplicara en dúas décadas. 

 Pódese considerar un barrio obreiro e alberga actualmente uns 30.000 habitantes nun espazo aproximado de un quilómetro cadrado, o que constata unha elevada densidade de poboación.

  A asociación de comerciantes máis importante da cidade en canto a número de socios, Distrito Mallos, é a que  representa ao comercio de este barrio. 

.

 

Web: https://distritomallos.com/

Historia de Distrito Mallos 
(Por José Alejandro Salgado) 

 No ano 1994, os responsables da Asociación de Comerciantes Mallos - Estación que tiña como logotipo unha máquina antiga de tren, e que ata esa data se preocupaban de representar a Os Mallos nas reunións da Federación de Asociacións de Comerciantes e Autónomos, e noutros organismos, nos pediron que lles tomásemos o relevo, e tentásemos organizar a Asociación, que naquel momento non cobraba mensualidades aos asociados, nin tiña listados.

 Durante un tempo estudamos a problemática da zona, da man do entón Presidente dos veciños de Os Mallos, José Folgueira, e empurrados por él e dirixidos por José Salgado, un grupo de comerciantes e profesionais, acordamos refundar a Asociación, comezando de cero, con logotipo novo e afiliación de asociados.
 En 1996, asinouse o acta fundacional. Os socios fundadores foron: Carlos Monteagudo, Antonio Larrosa, Alberto Rascón, Manuel Vidal, y José Salgado.

 Estes traballaron como Xunta Xestora os catro primeiros anos, co obxectivo de: afiliar asociados, crear un novo Logo, estatutos, establecer a sede, etc... e no ano 2001 celebrouse a primeira Asemblea da que saíu elixida a primeira Xunta que presidiu José Salgado e estaba formada por: Carlos Monteagudo, Isabel Castro, Manuel Vázquez, Noelia Anta, Francisco Pérez, Antonio Larrosa e Begoña Botana.

 No ano 2004, noméase a segunda Xunta, pola Asemblea, tamén presidida por José Salgado e cos compoñentes: Carlos Monteagudo, Isabel Castro, Francisco Pérez, Antonio Larrosa, Manuel Vidal, Pedro Hermida, Alberto Rascón.

 Nestes anos distinguíronse como socios de Honra, e ofrecéuselles unha merecida homenaxe a: D. Carlos Monteagudo (Vicepresidente da asociación) e a D. José Folgueira (Presidente da Federación de Veciños).

.

Realizacións da asociación:

  - Publicación dun xornal con 10.000 exemplares de tirada mensual que xa cumpliu 10 años.  

 - Superación da barreira dos 200 asociados.

 - Consulta de balde para asociados en tres despachos de avogados.

 - Promoción, como marca de prestixio e seriedade, do logotipo da Asociación “ El Sol_Riente “. 

 - Instalación dunha placa identificativa co noso Logo nos establecementos de todos os asociados.

 - Realización de cando menos dúas campañas anuais de fidelización do cliente, cun orzamento medio de 13.000 Euros.

 - Reparto por cada nadal dun numero enteiro da lotaría de Nadal, en participacións que esparexen o noso Logo, por toda A Coruña e fora de ela.

 - Colaboración co Concello da Coruña , a cal axudou de forma notable, na mellora do Barrio dos Mallos e na formación dos comerciantes, con cursos e informacións.

 - Realización da Web:  "Distrito Mallos"

 - Colocación de grandes carteis publicitarios co noso Logo, na Ronda de Outeiro, (a rúa con máis tráfico de vehículos da Coruña).

 - Pertenza á Federación de Comercio de Galicia.

 - Pertenza ao sistema de Arbitraje de Consumo.

 - Consolidación da tarxeta "Cliente Amigo", cun total de 5.000 afiliados, que reciben agasallos sobre a base das compras realizadas no barrio mediante acumulación de puntos, que poden ver na súa ficha da páxina web.

 - Posta en marcha dunha lotaría nos bares asociados, que mediante a marcación dun número nos carteis disponibles, dan a posibilidade de obter cheques regalo.  

 .

   

FOTOS

LECER/CULTURA

Comercios

Roteiro


.

 

 Para comezar a visita, pártese do punto estratéxico de chegada á cidade, a estación de San Cristovo.

 Rematado en 1935, obra de Antonio Gascué Etcheverría, o edificio principal que a forma, posúe unha arquitectura única en toda Europa (xunto a Helsinki). De estilo neorrománico pertencente ao eclecticismo, está realizada en granito, aceiro e vidro; cubríndose as súas vías por unha estrutura metálica con once arcos escarzanos sobre soportes de fundición roblonados. A fachada péchase con grosas pezas de granito sen desbastar as cales están colocadas de xeito ameado na cara norte. [ http://gl.wikipedia.org/wiki/Estación_da_Coruña_-_San_Cristovo ].

 

 Saíndo da estación (pola praza do mesmo nome), ao cruzar a Ronda de Outeiro, alcánzase a rúa Capitán Juan Varela pola cal descendemos. A Herboristería Herbosana, especializada en produtos naturais e dieta equilibrada ofrece un servizo profesional de asesoramento de balde ( ficha ).

 Chegados á peonil Angel Senra, a rúa comercial por excelencia de Distrito Mallos, acharémonos ante un grande abano de comercio tradicional da Coruña que repregado tamén nas rúas adxacentes, dispón dunha oferta que abrangue dende o comercio máis doméstico ata establecementos de hostalaría con zona WIFI (consultar zonas WIFI no menú) ou algunhas das tendas máis actualizadas nos seus respectivos sectores. Un lugar para coñecer con tempo a oferta local. 

 Ángel Senra foi un empresario de Noia de orixe humilde -comezou como aprendiz de zapateiro-, que acadou unha gran traxectoria profesional vendendo calzado ao exército francés durante a Primeira Guerra Mundial; en 1923 puxo en marcha a fábrica de "A Parromeira" situada no que hoxe constitúe a rúa co seu nome.
  De gran sensibilidade social, e consciente das precarias condicións ao seu arredor, a parte posterior de "A Parromeira" foi adecuada para a construción de casas para os traballadores, que na súa maioría non dispoñían dos recursos suficientes para acceder a unha vivenda digna.
  Ilustrado e republicano foi o primeiro alcalde da Coruña (1931) durante a II República. A súa elección produciuse por unanimidade.

 

 

 Unha vez alcanzado o comezo, pois, da rúa Ángel Senra, ascendemos Ramón Cabanillas non sen antes visualizar a fachada da parroquia de San Benito -para chegar á de San Pedro de Mezonzo habería que desviarse e percorrer San Vicente-, ata alcanzar a seguinte rúa máis comercial: Os Mallos.

 Algúns dos comercios máis emblemáticos da cidade (Calzados Yolanda - ficha - cun conglomerado de tres establecementos pegados) espérannos nunha avenida arborada aberta ao tráfico nun só sentido e cortada pola metade pola Rolda de Outeiro, a vía que soporta a maior carga de tráfico da Coruña.

  Finalmente, subindo de novo a Ronda de Outeiro e tras atravesar o cruzamento coa Avenida de Arteixo, na zona de esparexemento da cidade co carácter máis aberto e converxente, o parque de Vioño, pódense compartir os momentos de ocio que un día de sol nos poida proporcionar [conta con parque infantil].

 

 

 

 Moi preto, ao final da Avenida de Arteixo e antes de chegar á rotonda de saída da cidade, o MACUF -Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa-, un centro multidisciplinar de cultura contemporánea, pode constituír un elemento a ter en conta sobre a base da programación cultural e as coleccións, exposicións e actividades que en cada momento se estean a desenvolver (www.mac.gasnaturalfenosa.com)  

-

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados