E-distrito

F. 017 - 4 Cam. - Os Castros

  • Actividades
  • Comercios
  • Roteiro

Hostelería. Alimentación. Música, salas, material

Cafetarías e restaurantes. Pubs. Outros. Música. Salas de concertos, material, cursos..

Compras

Bebé e infantil (roupa, calzado e accesorios). Electrodomésticos.... Imprenta. Cartuchos. - Venda especializada/ varios. Informática, Son e Imaxe. Fotografía. Tecnoloxía.. Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa. Moda, Textil, Deportes, Mercería.... Perfumaría, Cosmética, Drogaría.... Zapaterías, zapateiros..

Sector ecolóxico e vexetariano. Produtos sustentables.

Produtos sostibles.

Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes

Ximnasios. Ioga. Pilates. Beleza. Peiteado. Estética, Relax e masaxes.. Tatuaxes.

Decoración / Iluminación/ Profesionais / Maquinaria

Tinturarías, lavandarías.... Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Ascensores. Mobles, interiorismo, decoración, luz. Profesionais. Servizos. Reformas, pintura, cerrallaría....

Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores

Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...).. Farmacia / Herboristaría. Fisioterapia. Ortopedia. Maiores. Outros....

Ensino. Clases

Clases de música y baile. Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros.

Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes

Bibliotecas, Librarías, Papelarías. Vídeo.. Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases). Viaxes.

Legal / Avogados / Xestoría/ Asesorías / Seguros.

Avogados. Xestorías. Asesorías. Seguros.

Automóbil. Motos. Bicicletas. Licencias.

Motos - Bicicletas. Psicotécnicos, autoescuelas. Talleres. Aluguer. Parking.

Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro...

Animais, veterinaria. Flores e xardín..

DESCRICIÓN

F. 017 - 4 Cam. - Os Castros

    .

      [Definimos Oza - Os Castros como a zona qe vai dende a Avda Alfonso Molina hacia o leste ata a zona da Dársena de Oza e os hospitais]

      Os Castros é un barrio pertencente ao concello da Coruña, do que entrou a formar parte en 1912 coa absorción por parte deste do concello de Oza. Santa María de Oza chamado abreviadamente Oza, era un concello da provincia da Coruña, desaparecido en 1912 trala súa anexión ó concello da Coruña. Ó concello de Oza pertencían as parroquias de Visma, San Cristovo das Viñas, Elviña e Oza. Limitaba polo norte co Océano Atlántico e co concello da Coruña; polo oeste e o suroeste co concello de Arteixo; polo sur co concello de Culleredo; e polo leste coa ría do Burgo que o separaba do concello de Oleiros.

      Historia 

      Os Castros era tradicionalmente de orixes rurais e mariñeiras, mais foi aumentando de xeito descontrolado a súa superficie urbanizada, o que fixo que boa parte do seu patrimonio natural e arquitectónico fose desaparecendo. Coa construción do tranvía a Sada a comezos do século XX ao longo de Oza (entón a única estrada de acceso á cidade polo sueste) o barrio foise espallando cara á estación do Norte polo oeste e cara ás Xubias polo leste. Froito do feito de gozar de infraestruturas ferroviarias e mais instalacións portuarias asentáronse no barrio algunhas industrias conserveiras e ligadas ao mar. 

      Trala primeira metade do século XX pasaría ser un dos barrios coruñeses máis castigados, primeiramente polo "desarrollismo" franquista, e logo pola burbulla inmobiliaria comezada na década de 1990. 

      En 1965 derrubouse o castelo de San Diego para ampliar as instalacións portuarias. Ditas obras de ampliación implicaron tamén a canalización e soterramento a xeito de sumidoiro do río Monelos. Na década de 1970 trasladáronse os varadoiros existentes na Dársena da Mariña sobre a praia de Oza ou do Lazareto, ficando esta reducida a uns escasos metros nas proximidade da capela do Sanatorio (entón en estado de abandono). A finais desa década ademais o leste e sur do barrio ficaron limitados polo oleoduto construído para comunicar as instalacións petrolíferas do porto coa refinería. Durante todo este tempo as casas e predios tradicionais foron derrubados para dar paso a construcións que nos máis dos casos superaban os dez andares. Esta densidade construtiva non foi compensada co alargamento de vías, que agás algunha excepción, non contaban con árbores. 

      En 1988 a sucursal do Banco Pastor da avenida chamada entón do Xeneral Sanjurjo sufriu un atentado terrorista que causou importantes danos materiais, tanto na propia oficina coma nos predios veciños, consecuencia da onda expansiva.

      Na década de 1990 comeza no barrio o abandono e derrubamento de vellos predios con típicas galerías de madeira e cristal, de finais do século XIX e comezos do XX e mais doutros de estilo racionalista para ergueren novas construcións que, no básico seguían os criterios do "desarrollismo" franquista, moitos deles sen garaxe, co conseguinte problema para o tráfico interno. Neses anos, cando unha boa parte do barrio reclamaba a recuperación da antiga praia, procedeuse á enchedura de parte da enseada (ocupada parcialmente xa polos varadoiros) para a construción da dársena pesqueira de Oza, onde se debería trasladar boa parte da frota que até entón amarraba na dársena da Mariña para dar paso a embarcacións deportivas e de recreo. Parte da dársena de Oza acabou por se converter nun cemiterio de barcos cos conseguintes problemas medioambientais. Como contrapartida, a Autoridade Portuaria decidiu construír unha praia artificial con area natural procedente do dragado da ría de Ares no pequeno tramo litoral que ficaba virxe entre a nova dársena e os estaleiros Valiña. En 1999, coa construción do Parque de San Diego desapareceu a aldea de San Diego, incluíndo a súa fonte e o seu lavadoiro. 

      A comezos do século XXI, o recuncho de area testemuña da praia orixinal de Oza, que aínda ficaba ao ar, foi sepultado baixo unha balsa de lama tóxica procedente da dragaxe do porto coruñés. Sobre dita balsa, impermeabilizada para evitar futuros verquidos, construíuse unha nave para dar servizo ás embarcacións do porto deportivo do Puntal. Foi nesa época cando comezaron as mobilizacións veciñais en protesta contra as descargas de carbón nos peiraos coruñeses, destinadas principalmente a abastecer as centrais térmicas de Meirama e Compostilla, preto de Ponferrada. 

      A comezos da década de 2010 as organizacións veciñais comezan a se mobilizar para evitar o derrubamento e conseguinte desaparición do último predio modernista do barrio, na avenida de Oza. Por eses mesmos anos a Autoridade Portuaria, nun proceso de reordenación de viais na dársena de Oza, procede ao derrubamento dos predios que no seu momento foran destinados para acubillar a xente que desembarcaba na Coruña e debía ser posta en corentena; estes predios foran construídos con pedra de cantaría e contaban con máis dun século de antigüidade e formaran á súa vez, parte do complexo do Lazareto de Oza. 

    FOTOS

    VÍDEOS

    LECER/CULTURA

    Roteiro


      [Pódese acceder directamente a Google Maps e Streets na pestaña da parte superior esquerda]



      Construído en torno ao acceso sueste da cidade a través da estrada N-VI e próximo ao desaparecido castelo de San Diego (do século XVII) e á tamén desaparecida praia de Lazareto. Neste barrio atópanse os peiraos de descarga de San Diego e a pequena praia de Oza. Conta con parques como o Parque de San Diego. É unha zona coñecida polo seu miradoiro sobre a cidade onde se pode observar a actividade pesqueira e marítima-industrial coruñesa.  

    .

      Urbanismo 


      A súa vía principal é a avenida de Oza, convertida en travesía urbana tralos sucesivos predios que se foron erguendo ás beiras da vella estrada N-VI. No cruzamento do Miradoiro dos Castros crúzase con outras tres importantes vías: a avenida do Exército, que circunvala parte do barrio para o conectar coa zona da Palloza desde 1976, a avenida da Pasaxe (concibida como variante á vella N-VI para evitar a estreitura do paso polas Xubias e salvar o "by-pass" ferroviario á altura de Casabranca) e a avenida da Concordia, que une o barrio dos Castros co de Monelos dende que se rematou o treito que falta á altura do Castrillón.

    .

    .
       Algúns dos puntos de interese máis importantes de esta zona son: 

     - Das tres principais vías que a vertebran, ronda de Outeiro, avenida do Exército e avenida de Oza, é ésta última a que aglutina unha actividade comercial máis concentrada. Dende o seu inicio na Plaza de Catro Camiños ata a praza redonda que forma intersección coa avenida do Exército é un dos paseos máis concurrido por veciños e visitantes.  A Rúa A Gaiteira (dende a parte posterior do Centro Comercial Catro Camiños ata a confluencia da avenida de Oza coa ronda de Outeiro) é a rúa peonil máis importante.

     - Centros Comerciais. Na rúa Ramón y Cajal na confluencia con Alcalde Pérez Arda e fronte á Estación de Autobuses, atópanse os Grandes almacéns El Corte Inglés e o Centro Comercial Catro Camiños. Os seus arredores tamén son coñecidos pola gran variedade de tendas de diferentes estilos que se poden encontrar. 

     - Zonas verdes. As zonas verdes representativas son o Parque Europa (o máis pequeno pero moi acolledor -onde está o Fórum Metropolitano-), o parque de San Diego (con boas vistas ao mar e unha praia cercana), e o de Eirís (o máis alonxado e tamén máis amplo, nunha zona elevada e con grandes vistas).
    Parking Mallos
    Parking Mallos

    Relacionados