E-distrito

Noticias

O bronceado protexe do sol, as cremas non caducan e outros mitos arredor dos protectores solares

O bronceado protexe do sol, as cremas non caducan e outros mitos arredor dos protectores solares

  Os expertos da pel insisten en que todas as persoas, independentemente do seu ton, deben aplicarse estes produtos durante todo o ano

  18 xullo 2023

  As cremas solares engloban unha ampla gama de produtos para protexerse do sol. Cada tipo de pel ten unhas necesidades específicas, aínda que todas, e ao longo dos 365 días, deben protexerse do sol. Os dermatólogos insisten en que os fotoprotectores ou protectores solares, que son as locións que mercamos para ir á praia, non son para poder estar máis tempo ao sol e gañar máis moreno. A súa función primeira é protexer a pel do dano solar.

  Fotoprotectores e bloqueadores son diferentes

  Nos últimos tempos, vertéronse confusións arredor dos fotoprotectoresprotectores e bloqueadores por intereses comerciais. Con todo, son o mesmo. Non existe correlación científica que demostre que existan cremas solares que protexan a epidermis -a capa exterior- pero non a dermis -a capa máis profunda da pel-.

  O bronceado protexe

   O bronceado indica que a túa pel foi agredida pola radiación solar. De feito, o bronceado aparece porque é unha defensa da pel ante o dano que provoca o sol nas distintas capas. O moreno non protexe ante a radiación ultravioleta, poden alterar o ADN e provocar melanomas.

  A radiación UVB son raios invisibles que forman parte da enerxía que vén do sol e que son absorvidos pola epidermis, a capa externa da pel. A radiación UVB causa queimaduras, escurecemento e engrosamento da pel, melanomas e outros tipos de cancro de pel. É a causante dos danos da exposición solar, como as queimaduras cando imos á praia. Tamén pode causar problemas nos ollos e o sistema inmunitario, segundo o Instituto Nacional do Cancro. A radiación UVA penetra máis profundamente na pel na dermis e pode causar dano a longo prazo, como o envellecemento prematuro ou cancro.

   O factor de protección indica o tempo de exposición solar

   O SPF ou FPS (sun protection factor en inglés) indica o nivel de protección fronte a radiación ultravioleta. Para determinalo, obsérvase a dose mínima da radiación a partir da cal a pel comeza a encarnarse (mínima dose eritemática, ou MED) e valórase con protección e sen protección solar. A relación entre a MED con protección e sen ela, é o SPF.

   Desta maneira, un SPF de 30 non indica que a crema solar protexa durante só 30 minutos. Os expertos recomendan utilizar protectores solares de amplos espectros, de polo menos 15, e reducir a exposición solar entre as 10 e as 14 horas.

   Se utilizo unha crema waterproof non teño que reaplicar

  Aínda que a nosa crema solar indique que é resistente á auga, debemos aplicala outra vez despois de nadar ou suar. De maneira xeral, os expertos recomendan reaplicar a protección solar cada dúas horas, xa que a efectividade do produto vai diminuíndo. É moi importante tamén a cantidade de produto: moitas queimaduras prodúcense por botar menos do que é necesario.

  As cremas solares non caducan

  Os produtos cosméticos teñen data de caducidade e funcionan de maneira parecida aos alimentos. Nos envases aparece un pictograma que indica un número seguido da letra M. Por norma xeral, este tipo de produtos teñen unha vida de 12 meses tras ser abertos. Co cal, nada nos pode garantizar que a nosa pel vai estar protexida se utilizamos cremas que se estrearon hai máis dun ano.

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados