E-distrito

Noticias

A sección de Noticias de E-distrito non será actualizada durante o mes de agosto.

A sección de Noticias de E-distrito non será actualizada durante o mes de agosto.

  O programa para a filiación de comercios á Plataforma tamén estará paralizado durante este mes. A sección Axenda de eventos seguirá activa e actualizada permanentemente.

  30 xullo 2.021

  Con motivo das vacacións de parte do personal de E-distrito, a sección Noticias deixará de publicar novas durante o mes de agosto e éstas regresarán á Plataforma a partir do día 10 de setembro. 

  Ésta non é a única sección afectada e o Programa de filiación de comercios estará paralizado durante o mesmo mes. Os comercios que se atopan a espera de ser publicados xa foron contactados polos nosos xestores para informarlles de que a súa alta se producirá ao longo da primeira quincena de setembro. Do mesmo xeito, todos aqueles comerciantes que desexen seren incluídos no directorio de E-distrito deberán de mandarnos un mail solicitándoo á conta de correo contratacións@e-distrito.com na cal confirmaremos a petición e concertaremos unha cita tamén para o mes de setembro. 

  Os traballos contratados antes do 01 de agosto -diferentes á altas de comercio- non sofren ningún cambio e os prazos siguen a cumplirse dentro dos acordos contractuais. Os espazos web, tendas on-line, e proxectos publicitarios contratados igualmente antes do 01 de agosto non sufren cambios e seguirán o curso acordado cando foron contratados e nas mesmas condicións.

  A sección Axenda de Eventos non sufre ningún cambio neste período e seguirá activa e actualizada permanentemente.

  En E-distrito queremos aproveitar a ocasión para dar as grazas a todos os nosos clientes e usuarios que convertiron a nosa plataforma na máis importante a nivel comercial da cidade da Coruña, a que máis comercios inscritos ten (máis de 550) e a máis visitada. Tamén queremos agradecer aos nosos clientes de servizos de internet, publicidade e creación de páxinas web a súa fidelidade. A nosa meta é seguir dando a calidade de atención actual a prezos competitivos ademais de incorporando aqueles outros servizos que non son demandados.

  E-distrito.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados