E-distrito

Noticias

O Dépor volve ao fútbol profesional

O Dépor volve ao fútbol profesional

  Vence ao Barcelona Atlétic e se asegura o ascenso á Segunda División do Fútbol Español.

  13 maio 2024

  Coa súa vitoria de onte ante o FC Barcelona Atlètic (1-0) nun abarrotado Estadio ABANCA-RIAZOR, o RC Deportivo certificou o seu regreso ao fútbol profesional cando aínda quedan dúas xornadas para a conclusión do campionato de Primera Federación.

  Un gol de falta directa de Lucas no minuto 57 serviu aos branquiazuis para derrotar ao filial azulgrana e sumar 74 puntos, inalcanzables xa para o seu inmediato perseguidor, o seu rival de hoxe, segundo clasificado con 67 puntos.

  O cadro deportivista festexou o éxito á noite con todo o deportivismo na Dépor Fan Zone xunto ao Palacio de Deportes de Riazor. Hoxe luns será quenda dos actos institucionais, que se desenvolverán do seguinte modo.

Ás 11:00h., recepción na sede da Deputación da Coruña polo presidente Valentín González Formoso. Ás 13:30h., recepción do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. Despois da comida, ás 17:00h. terá lugar a recepción na sede central de ABANCA, na coruñesa Rúa Nova.

  Derivado de RcDeportivo

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados